VISITAS AO ARBORETUM

Situado no límite entre a provincia da Coruña e a de Lugo, a catro quilómetros do cruzamento entre a A6 (Madrid-A Coruña) e a A8 (Autovía do Cantábrico) en Baamonde, o Arboretum é de fácil acceso desde calquera punto de Galicia e unha agradable parada e descanso en desprazamentos desde o norte ou o centro da península. O Camiño Norte a santiago de Compostela pasa por Baamonde. 

A visita do Arboretum pode facerse en calquera período do ano, pero recomendamos en particular a primavera, durante os períodos de floración, e o outono, pola coloración espectacular de moitas árbores. O Arboretum está aberto ás visitas:

Visita libre

Apertura ao público prevista en Maio 2022.

Do 15 de abril ao 15 de novembro, os sábados en dúas quendas:

> Mañá, de 10:00 a 14:00 / Tarde, de 15:00 a 19:00

Logo de inscrición previa en: [email protected]

Poderase inscribir un máximo de 25 persoas (maiores de 10 anos) para cada quenda. Non hai límite para nenos menores de 10 anos, que non terán que inscribirse.

Unha vez inscrito, a visita é libre. Aconsellamos aparcar na explanada das igrexa de San Vicente de Pena e baixar andando ao Arboretum. Entre libremente no Arboretum e goce del!

Está sinalizado un percorrido central con marcos de pedra que serven como referencia para pasear polo Arboretum, pero o visitante pode desprazarse con total liberdade.

Camiño do Norte: Os peregrinos poden acceder sen reserva previa calquera día do ano.

 

Visita libre en grupo

Logo de inscrición previa en: [email protected] e sempre segundo dispoñibilidade.

As visitas en grupos escolares pódense organizar en días distintos aos nosos días de apertura.

Visita guiada

Logo de inscrición previa en: [email protected] e sempre segundo dispoñibilidade.

Reservadas para profesionais ou afeccionados á botánica.

Cobertura telefónica

En el Arboretum no hay cobertura telefónica. No tenga miedo. No pasa nada. Sobrevivirá 😉 Si necesita hacer una llamada urgente (o simplemente caes en mono…) suba hasta la cumbre de una de las laderas…no podrá bajarse una peli pero con suerte podrá hacer una simple llamada…

Perigo de incendio

De memoria de lugareño nunca ha habido un incendio en el Arboretum….
Desbrozamos y limpiamos sistemáticamente el bosque y plantamos cipreses en los limites más expuestos dejando cortafuegos…

> Pero non está de máis lembrar as consignas básicas: o lume sempre sobe... en caso de incendio, evite as partes altas, busque a saída seguindo o curso do rego que percorre o centro da valgada do Arboretum.

Primeiros auxilios

Hai unha caixa de primeiros auxilios debaixo do hórreo vello.

Aparcadoiro

Aparque o seu coche na explanada da igrexa de San Vicente de Pena.

As persoas maiores, familias con bebés ou persoas con mobilidade reducida poden deixar o seu coche na entrada.

Todas as visitas son de balde.

O Arboretum de Galicia non ten un obxectivo lucrativo, non solicita subvencións nin ten ningún tipo de financiamento público ou privado. Se desexa contribuír ao mantemento e a expansión do Arboretum, pode apadriñar unha árbore.

O Arboretum ten unha extensión de 15 hectáreas, pode facer o percorrido sinalizado con marcos de pedra numerados (do 1 ao 90) ou desprazarse libremente. Dependendo do ritmo do paseo e das paradas, o percorrido habitual dura entre dúas e tres horas, pero pode reducirse se así o desexa.

Para chegar: Google Maps: Arboretum de Galicia, Lugo. Navegador: Igrexa de San Vicente de Pena, Lugo 

Coordenadas xeográficas: Lat. 43º 08' 200" N ; Lonx. 7º 44' 340" W  

Goce do paseo!

DEJESE GUIAR POR LOS MOJONES NUMERADOS
Responsabilidade por danos e accidentes

O visitante asume a total responsabilidade por calquera dano ou accidente ocorrido durante a súa visita. O Arboretum non asume ningunha responsabilidade en caso de accidente, o visitante realiza a visita pola súa conta e risco e ao facelo acepta estas condicións.

gl_ESGL