Excluímos estritamente toda especie invasora alóctona.
Únicas excepcións: Cinco Eucaliptus globulus «amnistiados» nunha pequena parcela, dado que a súa extracción causaría danos maiores noutras plantas vasculares; 10 mimosas existentes ao inicio do proxecto mantidas de acordo coas normas definidas pola Xunta de Galicia (plantación controlada).
Excluímos toda especie estranxeira ao biótopo atlántico moderado ou similar.
A orixe do material vexetal, tanto planta como semente, será exclusivamente europeo.
Acordouse darlles prioridade aos viveiros galegos e evitar toda importación do exterior da UE, para asegurar a rastrexabilidade e reducir os riscos fitosanitarios.
Evitamos estritamente o uso de todo tipo de insecticidas, herbicidas e substancias tóxicas.
Fertilización orgánica.
Restrinximos as tarefas de poda ao mínimo.
Acéptanse unicamente para accións sanitarias. Acéptase o pinzado de determinadas especies.
Preservamos as técnicas et materiais de construción tradicionais.
En particular: a «pedra seca», a protección dos chantos, as cubertas de lousa antiga, as presas e camiños, os regos etc.