A guía das plantas do Arboretum de Galicia é un útil de visita que permite informar sobre as principais características botánicas e de cultivo dalgunhas das plantas presentes no Arboretum.
Esta guía de campo forma parte dun conxunto de instrumentos que facilitan a visita e o coñecemento das especies e dos cultivos presentes no Arboretum e estrutúrase en varias guías por tipo de planta (guía de árbores, de fentos, de queirogas, de herbáceas e de plantas de pradeira). Este instrumento de traballo non pretende ser nin orixinal nin exhaustivo: recollemos unicamente as principais plantas en cada categoría. Estas guías de campo non pretenden ser unha referencia científica, senón só un instrumento de campo. Baseámonos nas fontes existentes e na nosa propia experiencia, coa soa intención de facilitarlle ao visitante o acceso á información descritiva de base. A guía de campo reúne máis de 400 fichas,cun total de aproximadamente 1600 páxinas e unhas 3000 fotografías. A nosa intención é de completar esta guía coas fichas das novas plantas a medida que introduzamos novos taxons no Arboretum.
Anualmente, actualízase un inventario de plantas no que figuran a maioría das que introducimos no Arboretum e é accesible na páxina web. As guías de queirogas, arbustos e árbores inclúen a indicación da parcela do Arboretum na que se sitúa a planta descrita. O resto das plantas están diseminadas polo Arboretum.
Metodoloxía
Indica a que guía pertenece la ficha
Lema de Arboretum: Cuida la Tierra, es única
Ideograma sino-japonés de Arboretum. Está en las fichas de árboles y de arbustos arbóreos.
Ideograma para Aceretum, en las fichas de Arces
Indica la o las parcelas en las que se encuentra la planta descrita.
Como elaboramos estas fichas?
A elaboración destas fichas realizouse tomando como base a descrición e a maqueta de Wikipedia, completándoa con textos descritivos da serie Wikiespecies e doutras fontes. As fichas en galego toman como referencia a Galipedia que, malia non incluír moitas especies, é de calidade moi superior á de Wikipedia grazas ao enorme traballo desenvolvido por botánicos galegos. Estas fichas de base ampliáronse con información sobre as características botánicas, o cultivo e as condicións de desenvolvemento, multiplicación e patoloxía, utilizando as bases de datos botánicas, así como contribucións e experiencia propias. As fichas indican a localización de cada planta no Arboretum.
Sobre o material fotográfico
Integramos fotografías da nosa colección, así como de Wikipedia Commons, ou de bases fotográficas que nos autorizaron a súa utilización. Desexamos expresarlles a nosa gratitude aos fotógrafos (Ahí está flick, Teresalaloba etc.) e ás bases botánicas (Telabotánica, Visioora etc.) que nos facilitaron o acceso e nos autorizaron a utilizar as súas fotografías. Queremos resaltar o inmenso traballo realizado por Jesús Morado: «Flora de Galicia», base botánica de dimensión enciclopédica cunha enorme calidade técnica e cunha calidade fotográfica envexable. Poucos traballos individuais acadan o nivel de «Flora de Galicia». A visita a esta base botánica é imprescindible para todo amante da natureza galega. O noso agradecemento aos fotógrafos e ao señor Morado pola súa desinteresada colaboración.
Conceptos
Para facilitar o manexo destas guías, clasificamos as plantas de modo flexible e nalgúns casos pouco ortodoxo. No caso concreto desta guía de arbustos incluímos algunhas plantas que corresponderían a unha definición de matogueira e non á definición tradicional de arbusto. Esta heterodoxia conceptual responde a un obxectivo de simplificación na elaboración destas guías. O visitante máis ortodoxo saberá perdoarnos.
FICHA EXEMPLO DE GUÍAS DE CAMPO: Quercus robur, Carballo, Roble