Os baños de bosque, tamén coñecidos como Shinrin Yoku, é unha práctica que consiste en mergullarse no bosque co obxectivo de mellorar a saúde, o benestar e a felicidade.
Trátase dunha actividade procedente do Xapón, con gran tradición en diferentes culturas do mundo, que invita a curar espiritualmente as persoas que a practican.
Beneficios

Aumentan a sensación de benestar e vitalidade
Trátase dunha actividade con gran tradición en diferentes culturas do mundo, que invita a curar espiritualmente as persoas que o practican. O simple feito de pasear polo bosque activa catro sentidos: a vista, o oído, o olfato e o tacto o que procura unha sensación de benestar. |
Reducen o nivel de estrés
Ao reducir a hormona do estrés, o cortisol, redúcese este proceso, relacionado con multitude de patoloxías como dores de cabeza, presión sanguínea alta, problemas de corazón, diabetes, problemas cutáneos, asma ou artrite. A sobreexposición a cortisol e outras hormonas de estrés pode aumentar o risco de ansiedade, depresión, enfermidades cardíacas, aumento de peso e déficit de memoria e concentración.


Melloran o sistema inmunitario
As hormonas do estrés poden comprometer o sistema inmunitario. Non é raro, polo tanto, que o baño de bosque, ao reducir a produción de cortisol, fortaleza este sistema de defensa.
E ADEMAIS…
Reducen a ansiedade e irritabilidade.
Melloran a creatividade.
Favorecen un descanso reparador.
Como gozar dun baño de bosque?
Non teña présa
O obxectivo do baño de bosque non é facer exercicio físico. Normalmente durante estes paseos recórrense entre dous e catro quilómetros, e a súa duración aproximada é dunhas dúas a tres horas.
Reláxese. Baixe o ritmo vertixinoso do día a día. Goce de todas as sensacións que lle ofrece o bosque e conecte coa natureza.
Silencio
Respecte o son do bosque e o seu silencio evitando ruídos alleos (teléfonos etc.).
Dedíquelle tempo
Aínda que algúns beneficios poden apreciarse xa a partir dos primeiros 30 minutos do paseo, é mellor dedicarlle o tempo necesario.
Respecto
Durante un baño de bosque, respéctanse o ámbito e as persoas, créase unha zona de privacidade cara a vostede e cara aos demais.
